Español | Galego | English
O Grove
Praias como as de Raeiros ou As Pipas, as famosas augas termais do balneario da Toxa e os seus exquisitos e recoñecidos mariscos, celebrados especialmente nas Festas do Marisco e as Xornadas da Centola, fan do Grove, a só 28 quilómetros de Casa A Pastora, un dos sitios turísticos máis coñecidos de Galicia. Dende O Grove podemos tamén, disfrutar de excursións en barco pola ría, para observar os fondos mariños e as bateas de cultivo dos distintos mariscos.
Cambados
Concello de Cambados
A Toxa
A menos de 30 quilómetros de Casa A Pastora está a bela illa da Toxa, que acolle ao famoso balneario de augas termais de recoñecido prestixio no campo da saúde. A Toxa conta tamén con variadas ofertas de lecer que van desde o seu elegante casino á máis activa proposta do golf, o tenis, o tiro con arco, ou máis repousadas actividades como as súas atractivas excursións marítimas.
Illas Cíes
As Illas dos Deuses, como acertadamente as chamaron os antigos romanos, son un verdadeiro paraíso, situado apenas a 55 km de Casa A Pastora. Refuxio de todo tipo de aves e outras espacies animais, as Illas Cíes ofrecen aos seus visitantes fermosos contornas naturais e serenas praias. As illas son tres: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. As dúas primeiras están unidas polas longas areas da praia de Rodas.
Santiago de Compostela
Pouco novo se pode dicir de Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e coñecida mundialmente pola súa Catedral, punto final de destino de miles e miles de peregrinos. Cita ineludible coa historia a só 65 quilómetros de Casa A Pastora.
Pontevedra
Aproximadamente a 26 quilómetros de Casa A Pastora, atópase Pontevedra, capital da provincia, unha cidade encantadora situada no centro das Rías Baixas, xunto á desembocadura do río Lérez, que a circunda para formar despois a bonita Ría de Pontevedra. Cidade histórica, famosa polas súas pontes como o do Burgo ou o Ponche Sampaio, o seu centro histórico é unha visita que non debe deixar de facer.
Arrepions
Desportes e aventura: rafting, sendeirismo, kayak
Desafío Lecer
Actividades deportivas en entornos naturais: escaladas, excursións, tiro.
Guimatur
Visitas guiadas polos bancos marisqueiros de Cambados para coñecer a súa cultura mariñeira.
Acquavela
Actividades de turismo náutico na costa galega.
Bahia-Sub
Escola de mergullo no Grove.
Real Club Náutico de Sanxenxo
Campo de Golf Meis
Excelente campo de golf, situado en Meis, a menos de 15 quilómetros de Casa A Pastora.
A Toxa Golf
Naviera Mar de Ons
Para coñecer horarios e características dos barcos que te levarán ás Illas Cíes.
 
 
Grupo C   CL
   Deseño Web Hernest Consulting S.L.